O alcalde expoñeralle este mércores aos concellos a integración de Vigo no transporte metropolitano
Abel Caballero abordará esta cuestión e explicará como se vai producir a incorporación na xuntanza que manterá este mércores coas rexedoras e rexedores da Área Metropolitana. No encontro tamén se tratará o estado da reforma da Lei para a que o alcalde pide celeridade á Xunta de Galicia.
Os alcaldes e alcaldesas dos concellos da área metropolitana de Vigo manterán unha xuntanza este mércores día 4 de maio, convocados por Abel Caballero, para abordar o estado da reforma da Lei e cuestións como a "decisión de incorporación da cidade ao transporte metropolitano" segundo explicou este luns o rexedor vigués.
Caballero apuntou que lle expoñerá aos seus homólogos como se vai facer esa incorporación que é "unha decisión" non unha "posible incorporación", tal e como sinalaban algúns alcaldes populares, engadindo que "a Área Metropolitana" non ten marcha atrás. Con todo, pediu celeridade á Xunta na aprobación da Lei que, polo momento, non se produciu e que "nin sequera é un anteproxecto, senón un borrador" para a administración autonómica.