Escoitar

O alcalde sinala a gastronomía como elemento para "seguir desenvolvendo a cidade"

Abel Caballero asistiu á inauguración do Mercado de Sabores de Mahou na Estación Marítima de Vigo que ofrece durante catro días demostracións gastronómicas, clases maxistrais e degustacións de tapas coa participación de varios chefs con estrelas Michelín e doce establecementos hostaleiros.

xoves, 5 mai 2016
1462453305mahouweb.jpg
O alcalde participou este xoves na inauguración do Mercado de Sabores de Mahou, un evento gastronómico que achegará a excelencia da gastronomía viguesa a profesionais do sector e ao público xeral. Caballero eloxiou a cidade como "grande capital da gastronomía" e apuntou que entorno á gastronomía "queremos seguir desenvolvendo a cidade, o turismo da cidade, o turismo das festas e da cultura".

Dende hoxe e ata o domingo, doce establecementos ofrecerán a súa mellor tapa na Estación Marítima de Vigo onde tamén haberá demostracións e clases maxistrais coa presenza de chefs como Rafael Centeno, do Maruja Limón da cidade olívica, que ten 1 estrela Michelín; María Marté, do restaurante Allard de Madrid e Mario Sandoval, do restaurante Coque tamén madrileño, ámbolos dous con dúas estrelas Michelín.
Descargar todas as imaxes