Escoitar

Manel Fernández di que "Vigo volta a ser o centro do running galego" coa 10K Praia de Samil, este domingo

A quinta edición da 10K Vigo Praia de Samil celébrase este domingo (10:30) cun milleiro de atletas inscritos. O Concello, por medio da Concellería de Deportes, patrocina esta carreira, unha das importantes do calendario atlético vigués.

xoves, 5 mai 2016
1462453151deportes.JPG
Por segundo ano consecutivo a organización cubriu o coubo de inscritos. foron 1.036 fronte aos 1.032 de 2015. "Vigo é un dos centros urbanos máis importantes no mundo do running", sinalou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, na presentación da proba. "Ten gran prestixio e predicamento, Vigo volta a ser o centro do running en Galicia", incidiu.

O percorrido, homologado pola Real Federación Española de Atletismo e idéntico ao do pasado ano, permitirá aos atletas comprobar a súa marca respecto de 2015, algo que os corredores de populares sempre valoran. "É unha das probas con maior éxito no running e o domingo desatará ilusión, paixón e alegría", sinalou o edil.

Todos os participantes recibirán unha medalla por rematar a proba e unha camiseta técnica. Sen premios en metálico, a gran inscrición significa que ten aceptación entre os participantes, que correrán ao longo da avenida de Samil.

Este ano, a organización, a A.D. Media Maratón de Vigo, intercambiou datas entre as súas dúas probas principais, este 10.000 e a media maratón de Vigo. Álvarez Salgado, o seu organizador, optou por este cambio para un maior atractivo, polo que a media será o 18 de setembro.
Descargar todas as imaxes