xoves, 21 abr 2016
Coa colaboración do Concello, a Casa de Andalucía en Vigo e a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros da Zona Náutico organizan un evento que inclúe música, gastronomía, cultura e atraccións. O edil de comercio, Ángel Rivas destacou a "tradición, arraigo e participación da cidade" neste evento que comeza o próximo xoves día 28 co prendido das luces das casetas e que serve para "dinamizar o comercio".
mércores, 13 abr 2016
O edil de Comercio, Ángel Rivas, está a manter reunións con todas as asociacións de comerciantes de cara a consensuar zonas e horarios de apertura logo de que Vigo fora declarada unha gran cidade de afluencia turística. Según un decreto lei aprobado polo goberno de España, esta consideración permitiría -de non acotarse zonas antes do 1 de xuño- a todos os comercios abrir 24 horas os 365 días do ano o que prexudicaría moito ao pequeno e mediano comercio, apuntou.
luns, 4 abr 2016
A cidade será o punto de encontro, traballo e debate de profesionais do sector vitivinícola de prestixio internacional que a través de relatorios e obradoiros abordarán abordarán o presente e o futuro deste campo. A concelleira de Turismo, Laura Iglesias, e o director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, presentaron as actividades do foro este luns en rolda de prensa.
xoves, 17 dec 2015
O Concurso de Tapas de Vigo, o Petisquiño, pechou hoxe xoves a súa segunda edición coa entrega de premios, acto no que participou o alcalde de Vigo. Caballero asegurou que o certame pon en valor a hostalería viguesa, un sector "tan importante no emprego e na xeración de valor engadido e de cultura gastronómica".
xoves, 26 nov 2015
Este venres 27 de decembro ás 19:00 horas na Porta do Sol celébrase o acto de inauguración da iluminación de Nadal da cidade que será a "máis importante da historia de Vigo" en palabras do alcalde, quen explicou que se estenderá a rúas que antes non contaban con luces e que se reforzará noutras ata un total de 229, cun custo que supera os 400.000 euros. O alumeado estará activo todos os días ata o 6 de xaneiro desde as 18:00 horas da tarde e ata a 01:00 da mañá, con ampliación de horario dende as 18:30 e ata as 08:00 horas a mañá os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1, 5 e 6 de xaneiro.
venres, 20 nov 2015
O alcalde presentou este venres no MARCO as XIII Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Centola do concello do Grove, que se celebran dende hoxe e ata o 8 de decembro cun programa amplo de actividades, que destacou como unha iniciativa interesante á que convida a todo Vigo a asistir. No acto, Abel Caballero estivo acompañado pola presidenta da Deputación da Coruña, Carmela Silva, e por José Antonio Cacabelos e Emma Torres, rexedor e concelleira de turismo do Grove respectivamente.
venres, 6 nov 2015
Durante o acto de entrega de premios da décima edición do certame, Abel Caballero asegurou este venres que o concurso está a adquirir "o rango dun feito importante na cidade", polo que felicitou aos organizadores e aos establecementos participantes, ao tempo que eloxiou a "recuperación do Casco Vello", que "xa é un lugar obrigado" de visita en Vigo.
mércores, 2 set 2015
Segundo informou hoxe mércores o alcalde, o concurso de promoción turística en novos mercados mediante conectividade aérea impulsado polo Concello de Vigo pechou onte o prazo de presentación de ofertas coa única concorrencia da compañía irlandesa. De 2016 a 2018, o goberno de Vigo esixe un mínimo de seis voos semanais a Barcelona todo o ano e alomenos catro destinos internacionais durante seis meses ao ano.
venres, 7 ago 2015
Tal e como explicou este venres Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local validou un convenio polo que achega 42.000 euros para a celebración no Marisquiño deste ano do Campionato de Mountain Bike Dirt Jump Puntuable para a Copa do Mundo FMB World Tour 2015". Deste xeito, a colaboración total do Concello con este evento de cultura urbana se eleva aos 82.000 euros.
luns, 11 mai 2015
A tenente de alcalde, Carmela Silva, e o edil de Comercio, Ángel Rivas, participaron este luns na presentación de Escaparartes 2015, que programa pasarelas infantil, de firmas e de novos creadores na Porta do Sol, este venres 15 de maio a partir das 19 horas. A proposta reúne a case 100 alumnos de distintas especialidades (moda, maquillaxe, producción, son...) e, segundo afirmou Silva, é unha mostra do "Vigo dinámico".