Escoitar

Abel Caballero anima á cidadanía viguesa a acudir á festa de exaltación da centola do Grove

O alcalde presentou este venres no MARCO as XIII Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Centola do concello do Grove, que se celebran dende hoxe e ata o 8 de decembro cun programa amplo de actividades, que destacou como unha iniciativa interesante á que convida a todo Vigo a asistir. No acto, Abel Caballero estivo acompañado pola presidenta da Deputación da Coruña, Carmela Silva, e por José Antonio Cacabelos e Emma Torres, rexedor e concelleira de turismo do Grove respectivamente.

venres, 20 nov 2015
1448027755centola.JPG
Descargar todas as imaxes