O Concello inicia a reposición da flor de inverno con máis de 120.000 plantas de tempada<br />
O goberno de Vigo xa está a plantar máis de 120.000 exemplares nas distintas rúas e prazas da cidade para a reposición da flor de inverno, segundo informou este mércores o alcalde, Abel Caballero. <br />
Desde esta semana o goberno de Vigo está a acometer a plantación de máis de 120.000 exemplares para a reposición da flor de inverno. Caballero explicou que este cambio se fai periodicamente e desta volta terá lugar "en practicamente todo Vigo".
O alcalde apuntou que "queremos que Vigo siga a ser a cidade máis bonita do mundo" e as zonas verdes, as plantas e as flores forman parte "importante" neste obxectivo. Caballero engadiu que "temos recursos para facelo" e avanzou que este proceso continuará coas novas humanizacións programadas.