O alcalde entrega os premios da Ruta do Pincho da Asociación de Comerciantes As Travesas
Dezanove establecementos de hostalería participaron no concurso de pinchos posto en marcha polo Centro Comercial Aberto As Travesas para dinamizar o sector e darlle aos clientes a posibilidade de participar activamente na valoración da oferta gastronómica. Abel Caballero eloxiou o labor da Asociación de Comerciantes desa zona da cidade e desexou que se manteña a cooperación entre o Concello e a entidade.
A sede da Asociación de Comerciantes As Travesas (Aetravi) acolleu este martes o acto de entrega dos premios da Ruta do Pincho que se desenvolveu en 19 establecementos asociados á entidade. O rexedor entregou os diplomas a todos os participantes e un recoñecemento especial a aqueles que obtiveron a mellor puntuación a través dos votos dos clientes que degustaron os pinchos ofertados.
Abel Caballero salientou a importancia da unión en iniciativas deste tipo que "amosan o éxito da cooperación entre o pequeno e mediano comercio e a hostalería, que son unha parte central da cidade, que vertebra as distintas zonas de Vigo". Tamén felicitou á Asociación de Comerciantes As Travesas polo "labor magnífico" realizado na organización da Ruta do Pincho que serve para "actualizar os locais e que os clientes teñan unha participación activa á hora de opinar" e manifestoulles o seu desexo de manter a "cooperación entre a entidade e o Concello" co fin de poderen seguir realizando proxectos xuntos.
Descargar todas as imaxes