Escoitar

ProVigo aborda o desenvolvemento marítimo industrial nas xornadas "Vigo ante o seu Futuro"

O alcalde, quen asistiu á inauguración este luns, asegurou que o complexo mar-industria é unha cuestión "da maior importancia" ao superar "con moito" esta actividade en Vigo á doutros países europeos. Caballero avogou por constituir un grupo mar-industria que defenda os seus intereses ante Europa, en particular no tocante á regulación, "importante para Vigo e para o emprego".

luns, 16 nov 2015
1447678592provigo.jpg
O alcalde, Abel Caballero, participou este luns na inauguración das VIII Xornadas da Fundación ProVigo "Vigo ante o seu Futuro", baixo o tema "O complexo mar-industria e o seu futuro no desenvolvemento de Vigo e da súa área".

Caballero explicou que o tema é "da maior importancia", valorou que "en Vigo temos que ser capaces de desenvolver un núcleo de atención, de propostas e de planteamentos ante Bruxelas relacionado co colectivo e a estrutura mar-industria", xa que, en termos europeos, o desenvolvemento marítimo industrial vigués "supera con moito" ao doutros países europeos.

O rexedor apuntou que é preciso levar os requerimentos deste sector a Europa, en concreto aos seus organismos reguladores, pois a actividade marítimo industrial "ten moito de regulación", o que é "importante para esta cidade e para o emprego". "En Vigo temos que plantearnos constituir un grupo mar-industria con todos os principais actores, do ámbito estractivo, de transformación, comercial e industrial, para defender os nosos intereses diante doutros países".
Descargar todas as imaxes