venres, 20 nov 2015
Tal e como informou Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local celebrada este venres acordou conceder apoio económico a empresas para a contratación e mellora do emprego para a mocidade e tamén ao Banco de Alimentos de Vigo para respaldar a súa función social, ademais de subvencionar a celebración en Vigo da Festa do Iudo Infantil.
venres, 20 nov 2015
O alcalde presentou este venres no MARCO as XIII Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Centola do concello do Grove, que se celebran dende hoxe e ata o 8 de decembro cun programa amplo de actividades, que destacou como unha iniciativa interesante á que convida a todo Vigo a asistir. No acto, Abel Caballero estivo acompañado pola presidenta da Deputación da Coruña, Carmela Silva, e por José Antonio Cacabelos e Emma Torres, rexedor e concelleira de turismo do Grove respectivamente.
venres, 20 nov 2015
O Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego organiza un servizo de almorzo para persoas con discapacidade co obxectivo de sensibilizar á poboación da importancia dunha alimentación saudable.
venres, 20 nov 2015
A Concellería de Xuventude organiza o concurso "Musicando a Rosalía" co obxectivo de achegar a sua obra poética á xuventude e que premiará a creación musical feita en lingua galega como homenaxe á nosa poetisa máis representativa .
venres, 20 nov 2015
A Concellería de Política de Benestar vai levar a cabo a campaña "DE BOA MAN", na súa XV edición os vindeiros días 1,2, 3 e 4 de decembro de 2015.O proxecto consiste na exposición e venta de produtos feitos por asociacións de persoas con discapacidade. <br />