Escoitar

Medidas de tráfico por obras

venres, 20 nov 2015
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Fomento, saída da AP9, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra, estará pechado ao tráfico o túnel, saída da AP9, da rúa ISAAC PERAL, o sábado 21/11/2015 dende as 15:30 até as 22:00 horas .

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar,lado terra, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra , estará pechado ao tráfico o túnel, lado terra, da rúa BEIRAMAR, o domingo 22/11/2015 dende as 07:30 a 14:00 horas .

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización de gas autorizada en exp 73681/250, a realizar pola empresa Gas Galicia S.D.G., S.A., estará pechada ao tráfico a rúa FORNO(TRVA), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 23/11/2015 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento, en horario nocturno, do túnel de Travesía de Vigo, a realizar pola empresa Estacionamientos Y Servicios S A , estará pechado ao tráfico, EN HORARIO NOCTURNO (23:00 a 05:00 horas), o túnel da rúa TRAVESIA DE VIGO (Nº 200) , dende a noite do 24/11 até a noite do 27/11/15 inclusive

Solicítase a máxima colaboración cidadá.