Escoitar

Abel Caballero prevé unha Área Metropolitana de 20 municipios e 550.000 habitantes

O alcalde recibiu este mércores ao seu homólogo de Ponteareas, Xosé Represas, quen lle manifestou a intención de formar parte do ente supramunicipal, que valora en positivo e co que concorda na forma proporcional de participación. Caballero apoia esta solicitude e augura que se camiña cara unha Área de 20 municipios, o que supón unha poboación de arredor de 550.000 habitantes "en consecuencia, unha das grandes zonas urbanas de toda España".

mércores, 18 nov 2015
1447855926ponteareas.jpg
A reunión mantida hoxe mércores entre o rexedor vigués e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, máis a primeira tenente de alcalde, Chus Garrote, serviu para abordar a entrada da vila do Tea na Área Metropolitana, unha intención que lle manifestaron a Abel Caballero, quen considera "interesante" que se sume un concello con 25.000 habitantes.

Segundo Caballero, o rexedor ponteareán "ve con bos ollos a Área e a forma proporcional de participación na mesma". Amais explicoulles que a intención é "constituír un ente supramunicipal de 14 concellos e inmediatamente, antes de tomar ningunha decisión, ampliala a quen o solicite". Neste sentido, apuntou o alcalde vigués que nestes momento hai catorce concellos que fixeron a solicitude de entrada e outros seis que llo solicitaron. Por iso, declarou, "todo sinala que imos inicialmente a unha área de 20 municipios, de máis de 550.000 habitantes, en consecuencia, será unha das grandes zonas urbanas de toda España".

O alcalde de Vigo explicou tamén que a demanda inmediata de Ponteareas é a incorporación á rede de transporte metropolitano, da que están excluídos na actualidade.

Descargar todas as imaxes