O Concello outorga 1828 axudas a familias viguesas para o pago de hipotecas, enerxía e alimentación
Segundo explicou esta luns o alcalde, as subvencións van pagarse "de forma inmediata", unha vez que se deu por finalizado o proceso de tramitación técnica das Axudas Extraordinarias a Familias, por un valor total de 2 millóns de euros, e no que se recibiron 3.000 solicitudes por parte das familias viguesas que precisan desta subvención municipal para poder afrontar os seus pagamentos.
Abel Caballero informou este luns da finalización do procedemento de tramitación técnica de análise e concesión do Programa de Axudas Extraordinarias a Familias, dotado de 2 millóns de euros, que o goberno local destina ás familias que o precisan para que poidan afrontar o pagamento de hipotecas, do subministro de enerxía e de alimentación, a coñecida como "tarxeta da dignidade".
Segundo explicou o rexedor, hoxe asinouse a proposta técnica deste proceso, que será aprobada en Xunta de Goberno e que ten un importe total de 2 millóns de euros. "Concedemos 1.828 axudas, polo tanto son 1.828 familias que reciben axudas para pagar as súas hipotecas, os seus alugueres ou para pagar o subministro eléctrico de gas ou a súa alimentación". Dende este momento, a proposta segue os pasos establecidos pasando á intervención municipal para ser aprobada a continuación pola Xunta de Goberno Local. Abel Caballero sinalou que o Concello tramitou "3.000 axudas e houbo que analizalas unha a unha en detalle, facendo a valoración para poder ser asignada; un traballo ímprobo, importante" e anunciou que as axudas se van pagar "de forma inmediata".