Carmela Silva invita á cidade a presenciar este venres os desfiles de Escaparartes 2015
A tenente de alcalde, Carmela Silva, e o edil de Comercio, Ángel Rivas, participaron este luns na presentación de Escaparartes 2015, que programa pasarelas infantil, de firmas e de novos creadores na Porta do Sol, este venres 15 de maio a partir das 19 horas. A proposta reúne a case 100 alumnos de distintas especialidades (moda, maquillaxe, producción, son...) e, segundo afirmou Silva, é unha mostra do "Vigo dinámico".
A tenente de alcalde, Carmela Silva, participou este luns na presentación de Escaparartes 2015, unha proposta de desfiles infantil, de firmas e de novos creadores que terá lugar este venres, 15 de maio, a partir das 19 horas, na Porta do Sol.
Esta iniciativa aúna a preto de 100 alumnos de distintas especialidades docentes da cidade olívica (moda, perruquería, maquillaxe, producción, son, protocolo, impresión...) co obxectivo de que os estudantes aprendan a traballar en equipo e amosen ao público as súas capacidades, segundo expuxo a propia Silva ante os medios.
Carmela Silva subliñou que Escaparartes 2015 é unha mostra do "Vigo dinámico", eloxiou a capacidade, a calidade e o "compromiso coa cidade" das entidades organizadoras e invitou a cidadanía a presenciar a segunda edición deste evento, tras o éxito "apoteósico" acadado o pasado ano.
Na tarde deste venres, 15 de maio, na Porta do Sol, Escaparartes 2015 programa ás 19h un desfile infantil, ás 20h a pasarela de fabricantes e, por último, ás 21h o desfile de novos creadores. As firmas participantes son Teresa Rodríguez, Kauli, Paz Rodríguez, Amura, Selmark, Patricia Avendaño e Marypaz.
Coa colaboración do goberno de Vigo, a organización de Escaparartes 2015 corre a cargo da federación Vigo Histórico, Goymar, o IES de Teis, o IES Audiovisual de Vigo, Tex-Moda e o Colexio Fogar.
Descargar todas as imaxes