Bases de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro, para o ano 2015
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 17 de abril de 2015, aprobou, entre outros asuntos, "As bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro, para o ano 2015".
O prazo para presentar as solicitudes é dun (1) mes, contado dende o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A convocatoria publicouse no BOP nº 83, do día 5 de maio de 2015, polo que, o derradeiro día de prazo para presentar a solicitude é o 5 de xuño de 2015.
As bases e os impresos para participar na convocatoria están na oficina de Información do Concello, na páxina www.vigo.org, e no BOP nº 83.