Escoitar

"Paseos polo Vigo literario"

venres, 8 mai 2015
O Concello de Vigo, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan dous "Paseos polo Vigo literario".

Horario: todos os paseos teñen a saída ás 11:30

1.-Sábado, 16 de maio, roteiro guiado por María Reimóndez. Saída da praza da Independencia ao carón do parque infantil. Prégase traer calzado cómodo. 4 km

2.-Sábado, 23 de maio, roteiro guiado por Francisco Castro. Saída da praza da Constitución. 1,2 km

Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org (deben indicar a cal/es paseo/s irán).
Inscrición por orde de chegada do correo. Prazas limitadas: 50

Os percorridos dos paseos están na web: snl.vigo.org e no facebook: Vigo en galego