Escoitar

"Paseo polo Vigo literario" con Pedro Feijoo

O Concello de Vigo e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza a actividade "Paseo polo Vigo literario" que comeza o sábado 9 de maio co roteiro guiado por Pedro Feijoo. A saída será as 11:30 dende a oliveira do Paseo de Alfonso

xoves, 7 mai 2015
1430999277roteiro.jpg
No Paseo de Afonso XII, no número 2, ten o seu estudio o inefable Simón Varela, desde onde podemos baixar até a Porta do Sol, perdéndonos polo caso vello da cidade, tras os pasos de Daniel e León Beiroa. Desde a Porta do Sol e o teatro García Barbón até o calexo dos Caños, onde a Simón e a Mariña case lle parten os fociños os secuaces de herr Wessler, para descubrir a historia da vella rede de túneles esquecidos da cidade. A continuación baixariamos até a Alameda e desde aí ao Náutico, para, na compaña do mesmísimo Verne, botar un ollo ao noso redor, á procura da cidade case desaparecida...
Unha cidade chea de historia aínda visible para uns ollos atentos...
Descargar todas as imaxes