Escoitar

O goberno de Vigo adxudica os asfaltados de Clara Campoamor, Buenos Aires, Álvaro Cunqueiro e a rúa Cañiza

Segundo informou este mércores o alcalde de Vigo, a Xunta de Goberno Local validou a clasificación de ofertas -a antiga adxudicación provisional- para a contratación das obras de asfaltado destes catro viais da cidade. O Concello de Vigo investirá nestas melloras un total de case 462.000 euros.

mércores, 6 mai 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras unha sesión da Xunta de Goberno Local, informou da clasificación de ofertas para as contratacións das obras de reforzo da capa de rodadura nas Avenidas Clara Campoamor e Buenos Aires e nas rúas Álvaro Cunqueiro e Cañiza, melloras en catro viais nos que o Concello investirá case 462.000 euros.

O pavimentado da Avenida Clara Campoamor afectará a un treito de 1,5 quilómetros en total, e conleva un investimento municipal de 145.240 euros e a empresa que resulte definitivamente adxudicataria conta cun prazo de execución das obras de 3 meses.

Por outra banda, o asfaltado da Avenida Buenos Aires e das rúas Álvaro Cunqueiro e Cañiza sairon a licitación como un único lote cun importe de 316.480 euros e un prazo de execución dun mes.