Escoitar

O Concello impulsa a II Andaina polos Montes de Vigo, con percorridos de 12 a 34 quilómetros

O goberno local celebra o 17 de maio a segunda edición desta andaina popular, coa colaboración da Mancomunidade de Montes e o patrocinio de El Corte Inglés e Eroski Center. Para fomentar a participación, o Concello propón andainas de 12, 21 e 32 quilómetros e incorpora un concurso de fotografía. As inscripcións, do 6 ao 14 de maio.

martes, 5 mai 2015
1430839948andaina.JPG
Durante a presentación pública, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou esta "excepcional" actividade creada para promocionar os hábitos de vida saudables e para por en contacto á cidadanía co patrimonio natural e paisaxístico vigués.

O Concello de Vigo bota a andar a II Andaina polos Montes de Vigo, colofón do programa de educación medioambiental "Camiño a Camiño", que terá lugar o domingo 17 de maio. A Andaina, segundo apuntou Caballero, podería sumar unhas 1500 persoas para realizar un dos tres percorridos propostos con distinto nivel de dificultade:
Andaina longa (34 km): PF Vixiador – PF Monte dos Pozos. Dificultade alta
Andaina media (21 km): PF do Pouso (Bembrive) – PF Monte dos Pozos. Dificultade media
Andaina curta (12 km): PF Zamáns – PF Monte dos Pozos. Dificultade baixa

A andaina toma como referencia a Senda panorámica de Vigo (GR-53), realízase integramente polo termo municipal e atravesa seis das 13 comunidades de montes existentes (Candeán, Cabral, Bembrive, Beade, Zamáns e Valladares).

Desde Praza do Rei se levará e traerá en autobús aos participantes aos distintos puntos de saída e chegada: Andaina Longa ás 08:30h, Andaina Media ás 10:30h e Andaina Curta as 12h. A medida que os participantes da andaina longa superan o punto de inicio da media, se incorporarán os participantes desta e igualmente na andaina curta. A chegada ao Parque Forestal do Monte dos Pozos está prevista ás 16:30h, momento no que estará disponibles as lanzadeiras para volver á Praza do Rei.

Aqueles/as interesados en participar na IIª andaina polos montes de Vigo pódense inscribir entre o 6 e 14 de maio tanto na Casa da Xuventude (López Mora 31) como en El Corte Inglés, sección de deportes (6º andar), en horario de mañá e tarde.

Concurso de Fotografía
Coa tarxeta de chegada poderanse presentar entre os días 18 e 21 os participantes no concurso de fotografía "Descobre Vigo dende os seus montes" promovido por El Corte Inglés, no que se establecen tres premios para as categorías de "Paisaxes da andaina", "Momentos da andaina" e "Selfies".
Descargar todas as imaxes