Escoitar

Caballero subliña que a formación é a "base fundamental" da industria e do emprego

O alcalde visitou este martes as instalacións de Formega, centro que forma a aproximadamente un millar de alumnos e traballadores da industria en técnicas de fabricación, en xeral. Abel Caballero enfatizou que a formación é a base da industria e un "requisito imporantísimo para o emprego".

martes, 5 mai 2015
1430839885formega.JPG
Valorou Caballero a "gran formación" que presta Formega e recibe o millar de alumnos e alumnas que cursan estudos de técnicas de fabricación en xeral: soldadura, calderería, tubería... O alcalde recordou que a formación para o traballo é unha "base fundamental na industria de Vigo" e un "requisito importantísimo" á hora de atopar un posto de traballo.

"Temos que seguir na cidade no impulso do emprego", manifestou Caballero, onde a industria é "clave", "a base da economía". O alcalde explicou que o goberno de Vigo ten como "obxectivo central" o emprego, adicando este ano 5,5 millóns de euros á xeración de postos de traballo, 922 creados directamente por plans municipais de emprego e máis de 2.500 a través da obra pública municipal.

Abel Caballero subliñou o apoio prestado polo Concello ao sector naval no conflito do tax lease e o respaldo económico a Conxemar, mais singularizou en PSA a política municipal na industria. O Concello cede 50.000 metros cadrados á factoría de Balaídos a través da ampliación deste polígono industrial, unha medida que fai posible "a expansión de Citroën e o seu mantemento", indicou o alcalde.
Descargar todas as imaxes