martes, 12 mai 2015
Segundo informou o alcalde, o Concello contactou este venres con Iberia Express para plantearlles facer o voo Vigo-París, despois da cancelación da ruta anunciada por Air France, actual operadora desta conexión. Caballero explicou que a compañía de baixo coste xa estaba a estudar esta posibilidade e avanzou que en dez ou quince días se celebrará a primeira reunión.
martes, 12 mai 2015
Abel Caballero informou este martes dos traballos de pavimentación que ten en marcha e programados o goberno da cidade para as próximas datas. Unha ducia de rúas están xa a ser asfaltadas ou comezarán en próximas datas: Lepanto, Médico José Mato, Puerto Rico e Padre Feijóo, Progreso, Manolo Martínez, Álvaro Cunqueiro, Cañiza, Buenos Aires, a Avenida de Madrid, Rosalía de Castro e Camelias. O alcalde indicou que a previsión é concluir as obras entre esta e a vindeira semana.
martes, 12 mai 2015
Tras unha reunión celebrada este martes, e á solicitude dos afectados, Abel Caballero asegurou que mediará ante as entidades financeiras provisionalmente adxudicatarias da fábrica de Bernardo Alfageme para que indemnicen aos extraballadores, que ata o momento so cobraron do Fondo de Garantía Salarial. "Teñen todo o apoio do alcalde", certificou Caballero.
martes, 12 mai 2015
O alcalde asinou este martes un convenio coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Galicia (AFAGA) segundo o cal o goberno local adica 18.000 euros ao desenvolvemento coa entidade dun programa de respiro familiar a través de obradoiros de estimulación cognitiva para persoas con demencia neurodexenerativa e apoio aos familiares.