Abel Caballero defenderá os dereitos dos extraballadores de Alfageme ante os bancos
Tras unha reunión celebrada este martes, e á solicitude dos afectados, Abel Caballero asegurou que mediará ante as entidades financeiras provisionalmente adxudicatarias da fábrica de Bernardo Alfageme para que indemnicen aos extraballadores, que ata o momento so cobraron do Fondo de Garantía Salarial. "Teñen todo o apoio do alcalde", certificou Caballero.
O alcalde mantivo este martes un encontro cunha representación dos antigos traballadores da factoría Alfageme, que continúan loitando polas indemnizacións. Abel Caballero comprometéuse a mediar ante a nova propiedade da fábrica -adxudicada provisionalmente a entidades bancarias por 11,2 millóns- e defender os dereitos dos traballadores para que sexan resarcidos como "creemos que moralmente teñen dereito". "Teñen todo o apoio do alcalde", concluíu Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes