Escoitar

O Concello achega 18.000 euros a AFAGA para desenvolver un programa de respiro familiar

O alcalde asinou este martes un convenio coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Galicia (AFAGA) segundo o cal o goberno local adica 18.000 euros ao desenvolvemento coa entidade dun programa de respiro familiar a través de obradoiros de estimulación cognitiva para persoas con demencia neurodexenerativa e apoio aos familiares.

martes, 12 mai 2015
1431434197afaga.JPG
O programa a impulsar en virtude do convenio rubricado entre AFAGA e o Concello de Vigo pretende traballar os aspectos cognitivos (orientación espazo-temporal, memoria, lenguaxe...) e funcionais (actividades básicas da vida diaria, motricidade...), ademais de proporcionar apoio emocional aos familiares dos asistentes aos obradoiros, ofrecerlles un tempo de ocio con actividades lúdicas e dotarlos de coñecementos prácticos para a atención e coidados dos enfermos con demencia.
Descargar todas as imaxes