xoves, 14 mai 2015
O alcalde amosou hoxe xoves a súa satisfacción por ter conseguido todas as solicitadas na cidade e ser Vigo, con Cartaxena, a cidade española cun maior número de bandeiras azuis. Abel Caballero recordou que a cidade conserva tamén a distinción Sendeiro Azul no paseo do Lagares, co que os recoñecementos acadan a decena.
xoves, 14 mai 2015
Abel Caballero rubricou este xoves un acordo de colaboración cos responsables da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "Monte da Mina" de Castrelos segundo o cal o goberno de Vigo achega 9.000 euros para o financiamento das súas actividades deste ano, incluíndo a coordinación e xestión do viveiro de asociacións que teñen nas súas instalacións.
xoves, 14 mai 2015
O goberno de Vigo, a través da Concellería de Cultura, Festas e Museos, prorroga a exposición "Mario F. Granell. Morte e reencarnación dun pintor galego", conmemorativa do centenario do seu nacemento, que se desenvolve na Pinacoteca Municipal "Francisco Fernández del Riego" (r/ Abeleira Menéndez, 8). A mostra estará aberta ao público ata o domingo 28 de xuño.
xoves, 14 mai 2015
O Concello de Vigo e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza o segundo "Paseo polo Vigo literario" o sábado 16 de maio co roteiro guiado pola escritora María Raimóndez. A saída será as 11:30 na praza da Independencia ao carón do parque infantil.Para vos inscribir debedes mandar un correo electrónico cos vosos datos (nome e apelidos xunto cun teléfono de contacto) a<br />
actividades.snl@vigo.org