Vigo revalida as nove bandeiras azuis nas praias e consolídase entre as cidades españolas con máis distincións
O alcalde amosou hoxe xoves a súa satisfacción por ter conseguido todas as solicitadas na cidade e ser Vigo, con Cartaxena, a cidade española cun maior número de bandeiras azuis. Abel Caballero recordou que a cidade conserva tamén a distinción Sendeiro Azul no paseo do Lagares, co que os recoñecementos acadan a decena.
A cidade revalida no 2015 as nove bandeiras azuis nas praias do pasado ano, distincións que recoñecen a calidade e servizos dos areais do Vao, Argazada, Rodas, Figueiras, A Punta, Tombo do Gato, Muiños do Fortiñón, Canido e Fontaíña.