Carmela Silva invita á cidade a presenciar este venres os desfiles de Escaparartes 2015
A tenente de alcalde, Carmela Silva, e o edil de Comercio, Ángel Rivas, participaron este luns na presentación de Escaparartes 2015, que programa pasarelas infantil, de firmas e de novos creadores na Porta do Sol, este venres 15 de maio a partir das 19 horas. A proposta reúne a case 100 alumnos de distintas especialidades (moda, maquillaxe, producción, son...) e, segundo afirmou Silva, é unha mostra do "Vigo dinámico".