Escoitar

"Paseo polo Vigo literario" con María Raimóndez

O Concello de Vigo e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza o segundo "Paseo polo Vigo literario" o sábado 16 de maio co roteiro guiado pola escritora María Raimóndez. A saída será as 11:30 na praza da Independencia ao carón do parque infantil.Para vos inscribir debedes mandar un correo electrónico cos vosos datos (nome e apelidos xunto cun teléfono de contacto) a<br /> actividades.snl@vigo.org

xoves, 14 mai 2015
1431607570iterario.jpg
Fronte ao desenraizamento, ela escolleu transplantarse, botar raíces aéreas e traer canda a si a montaña ao mar. Gaia, a protagonista de En vías de extinción percorre diferentes espazos mais a súa vida aséntase xa de forma definitiva na cidade ampla que acolle, de brazos abertos, o indómito e biodiverso. Vigo é tamén o espazo de intersección entre o ficcional e o vital para María Reimóndez quen neste percorrido nos levará polos espazos desta obra e compartirá tamén en exclusiva fragmentos da súa próxima novela A música dos seres vivos.
Descargar todas as imaxes