Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 14 mai 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 15 DE MAIO DE 2015.


1.- Acta da sesión ordinaria do 4 de maio e extraordinarias e urxentes do 4 e 6 de maio de 2015.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dáse conta de Sentenza, Autos e Decretos:

a) Expte. 8976/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 30/15 P.A. Demandante: D. FRANCISCO JOSÉ VÁZQUEZ BLANCO. Obxecto: Inactividade a solicitude do 20.1.2014. Modelo de autoliquidación (taxas...guindastre) e solicitude de fraccionamento. Desestimado o recurso.

b) Expte. 8919/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 463/14 P.A. Demandante: Dª ALEXANDRA MOA RAMOS e outra. Obxecto: Resolución do 4.3.2015 (estimación e imputación á contratista), reclamación responsabilidade patrimonial (colector de RSU e automóbil o 21.3.2013). Desestimado o recurso.

c) Expte. 9045/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 65/2015 P.A. Demandante: ESPINA OBRAS HIDRÁULICAS, S.A. Obxecto: Desestimación "presunta" da solicitude de cancelación de aval. Contrato de obras. "Humanización" rúa Simón Bolívar, expediente 66/440. Estimado o recurso.

d) Expte. 9003/111, Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 60/2015 P.A. Demandante: Dª CARMEN MOURIÑO ESPERÓN. Obxecto: Resolución do 20.9.2013 (e 18-11-2014 en reposición). Reclamación responsabilidade patrimonial por caída na vía pública o 13.1.2011. Desestimado o recurso.

e) Expte.8630/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 123/2014 P.O. Demandante: Dª IRIA Mª ÁLVAREZ CANELLA. Obxecto: Desestimación presunta (e expresa serodia do 23.5.2014) de reposición a XGL 5.12.2013, Bases específicas selección Auxiliares Administración Xeral. Desestimado o recurso.

2ª INSTANCIA. Sentenza do TSXG, Sala do C-A, Sección 1ª, no recurso de Apelación nº 63/2015. Desestimada a apelación da actora.

f) Expte. 9001/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 58/2015 P.A. Demandante: PIGLEMFOR, S.L. Obxecto: Resolución do 28.11.2014. Proc. Sancionador por contaminación acústica, discoteca J. Loriga 3, baixo. Desestimado o recurso.

g) Expte. 9007/111. Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 64/2015 P.A. Demandante: D. ANTONIO BLANCO ALONSO. Obxecto: Resolución 19.9.2014. Sanción de tráfico, estacionamento en carga e descarga. Desestimado o recurso.


BENESTAR SOCIAL
3.- Revisión do prezo do contrato dos servizos de intervención familiar do Concello de Vigo. Expte. 105871/301.

CEDRO
4.- Proposta de autorización de asistencia de D. Francisco J. Escudero González ao curso "Optimización de herramientas electrónicas en el puesto de trabajo" os días do 25 ao 29 de maio na sede do INAP en Madrid. Expte. 2262/315.

COMERCIO
5.- Toma de coñecemento da acta de comprobación de replanteo e inicio das obras do "Proxecto de acondicionamento do Mercado do Progreso", prórroga do prazo contractual e substitución do seu coordinador de seguridade e saúde laboral. Expte. 1213/106.

CONTRATACIÓN
6.- Denegación da solicitude de ampliación do prazo de presentación de ofertas no procedemento aberto para a contratación do servizo de mantemento integral das instalacións electromecánicas dos túneles, pasos inferiores e galerías de servizos da cidade. Expte. 15341/444.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
7.- Proxecto de convenio para a concesión de subvención a Teatro Ensalle S.L.L. para a organización da "Programación de Teatro Ensalle, xaneiro-abril 2015". Expte. 14986/331.

8.- Proxecto de convenio para a concesión de subvención á Asociación Orquestra Vigo 430 para a organización do "Programa 10º Aniversario, Primavera 2015". Expte. 14999/331.



DEPORTES
9.- Proposta de autorización para a organización da "III Nocturna correndo por Vigo-Mais que Auga" o vindeiro día 30 de maio de 2015. Expte. 13921/333.

10.- Proxecto de convenio para a concesión de subvención a Martín de la Puente Riobó pola dinamización do Proxecto deportivo Paralimpiadas Río 2016. Expte. 14025/333.

11.- Proxecto de convenio para a concesión de subvención a entidade Club Deportivo AMFIV para o desenvolvemento do proxecto xeral de actividade da entidade consisderada de élite - tempada 2014-2015. Expte. 14057/333.

12.- Proxecto de convenio para a concesión de subvención a favor da Agrupación deportiva Vigo para colaborar co financiamento dos gastos ocasionados polo desenvolvemento do seu proxecto de participación no Campionato de España de fútbol 7. Expte. 14050/333.

13.- Corrección de erro aritmético na proposta de adxudicación dunha subvención á entidade Vigo Rugby Club, aprobada por X.Goberno de 18.03.15. Expte. 13908/333.

14.- Devolución de aval constituído como garantía do acopio de materiais para a execución das obras de reforma do Campo de Fútbol da ETEA-Lote 2. Expte. 14075/333.

EDUCACIÓN
15.- Dar conta da renuncia da beneficiaria Dª Beatriz Álvarez Bustos como beneficiaria da bolsa "Concello de Vigo" para estancias lingüística no estranxeiro (Londres) do alumnado da EOIV, curso 2014-2015. Expte. 16332/332.

EMPREGO
16.- Proposta de aceptación de subvención da Consellería de Traballo e Benestar para a execución do programa integreado para o emprego "Vigo Integra III". Expte. 11827/77.

IGUALDADE
17.- Solicitude de subvención á Secretaría Xeral de Política Lingüística-Xunta de Galicia para o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística. Expte. 1937/334.


INTERVENCIÓN
18.- Xustificantes de libramentos. 102512/140.

OSPIO
19.- Proposta de aprobación do Programa de traballo e Plan de calidade para a execución das obras de "Humanización da rúa Gregorio Espino. Fase I". Expte. 2987/443.

20.- Proposta de aprobación do Programa de traballo e Plan de calidade para a execución das obras de "Humanización da rúa Gerona. Fase I". Expte. 2988/443.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
21.- Proxecto de convenio de colaboración coa Fundación Igual Arte para o Fomento das actividades da entidade para o 2015, mediante o financiamento dos gastos de aluguer do local social, meses de xaneiro a outubro. Expte. 6982/320.

POLICÍA LOCAL
22.- Proposta de resolución do expediente disciplinario incoado ao policía nº 294463. Expte. 42774/212.

RECURSOS HUMANOS
23.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun/dunha subalterno/a para o servizo de Participación Cidadá, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) da lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP), por un período máximo de seis meses. Expte. 26579/220.

24.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas de dous/dúas subalternos/as, para o servizo de Conserxería, baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) da lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP), por un período máximo de seis meses. Expte. Núm.: 26564/220.

25.- Gastos de locomoción de diferentes servizos municipais, correspondentes ao período xaneiro-marzo 2015. Expte. 26578/220.

26.- Complemento de produtividade por conducir vehículo municipal sin ser oficiais condutores do persoal dos distintos servizos, correspondentes ao 1º trimestre de 2015. Expte. 26536/220.

27.- Complemento de produtividade dos condutores adscritos ao Gabinete de Alcaldía, correspondente ao 1º trimestre de 2015. Expte. 26569/220.

28.- Domingo, festivos e nocturnidade do persoal municipal, correspondente ao mes de marzo 2015. Expte. 26555/220.

29.- Complemento de produtividade por xornada partida do persoal do servizo de Cemiterios, correspondentes ao mes de marzo de 2015. Expte. 26533/220.

30.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos, correspondente aos meses de outubro 2014 e febreiro 2015. Expte.26427/220.

31.- Rectificación de erro do expte. núm.: 26348/220. Expte. 26614/220.

32.- Dar conta á X.G.L. das seguintes resolucións:

a) Declaración da xubilación voluntaria do empregado público D. Amantino Fernández Fernández, con data de efectos 12.05.2015. Expte. Núm.: 26284/220.

b) Autorización horas para o servizo de Montes, Parques e Xardíns para o 2º trimestre de 2015. Expte. 26570/220.

TRANSPORTES
33.- Indemnización substitutiva por importe de 24.765,40 € a favor de Interparking Hispania S.L. polos servizos de apoio á xestión do aparcamento sito no subsolo da Praza de Portugal correspondentes a marzo de 2015. Expte. 666/449.

TURISMO
34.- Proxecto de convenio de colaboración coa Fundación Vigo Convention Bureau para o sostemento da súa actividade durante o 2015. Expte. 5489/104.

VIAS E OBRAS
35.- Cesión gratuíta de 116 m2 para execución das obras do Proxecto de mellora do trazado na rúa Santa Marina. Expte. 7663/250.

XUVENTUDE
36.- Solicitude de subvención á Xunta de Galicia dentro da "Convocatoria de subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a promoción da información xuvenil e para a realización de actividades dirixidas á xuventude no ámbito da educación non formal e da participación durante o ano 2015". Expte. 4432/336.

37.-Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 15 de maio de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 13 de maio de 2015.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.