Escoitar

O goberno de Vigo eleva a 82.000 euros a súa achega a O Marisquiño 2015

Tal e como explicou este venres Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local validou un convenio polo que achega 42.000 euros para a celebración no Marisquiño deste ano do Campionato de Mountain Bike Dirt Jump Puntuable para a Copa do Mundo FMB World Tour 2015". Deste xeito, a colaboración total do Concello con este evento de cultura urbana se eleva aos 82.000 euros.

venres, 7 ago 2015
O Concello de Vigo ten coa organización de O Marisquiño un convenio de colaboración por valor de 40.000 euros que, xunto ao aprobado hoxe venres, eleva a 82.000 euros a achega total municipal a este evento.

"O Marisquiño é un gran evento, de ámbito europeo, que ten unha enorme presenza na difusión da imaxe da cidade", asegurou o alcalde, quen abondou no "impacto moi importante en termos de economía" desta cita, en particular para hoteis e hostelería. Caballero eloxiou "unha acción que nos agrada de forma especial e coa que colaboramos de forma entusiasta".