mércores, 5 ago 2015
A praia do Vao acolleu este mércores unha xornada de convivencia de case un millar de rapaces e rapazas de 8 a 12 anos que participan en campamentos urbanos de verán en Ourense e en Vigo, neste caso no das Travesas. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, achegóuse esta mañá ao areal vigués.
mércores, 5 ago 2015
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación das axudas de emprego para 50 entidades sen ánimo de lucro. Cun orzamento de 795.000 euros, o Concello subvencionará a contratación de 155 traballadores.
O festival estrea unha App que mide os saltos dos deportistas e aposta pola emisión das probas a todo o mundo por Internet<br />
O AOM celebra 15 anos de existencia cunha homenaxe ao skate, disciplina coa que naceu o festival, e á cidade de
mércores, 5 ago 2015
O Festival Arnette-O Marisquiño volve a Vigo entre o 7, 8 e 9 de agosto na súa edición máis tecnolóxica, caracterizada por unha aposta pola emisión das súas probas a todo o mundo a través de Internet e pola estrea dunha aplicación móbil que permitirá un seguimento detallado das evolucións dos deportistas. No seu 15º aniversario, o AOM rende homenaxe ao skate, a súa especialidade orixinal, e á cidade de Vigo, que acolle o festival desde a súa creación en 2001. A ampliación da oferta musical, que se iniciará o mesmo venres cun escenario integrado nas festas locais, é outra das grandes novidades para este 2015.