Os alcaldes de Vigo e Valladolid acordan planificar proxectos comúns entre ambas cidades
Os rexedores de Vigo e Valladolid cooperarán e porán en marcha proxectos comúns desde unha relación fluída que permita a cooperación entre dúas cidades con moitos elementos en común, segundo coincidiron ao transmitir aos medios o contido do encontro que mantiveron esta mañá na Alcaldía. En resposta aos xornalistas, Óscar Puente Santiago ratificou a Caballero como un candidato idóneo a presidir a FEMP.
O alcalde de Vigo mantivo esta mañá un encontro co seu homólogo de Valladolid, Óscar Puente Santiago, no que deron conta dos elementos comúns que teñen ambas cidades como é a poboación, o peso da industria do automóbil ou a aposta pola mobilidade sostible coa presenza en redes smart cities. Incluso, bromeu Caballero, "os dous usamos un coche eléctrico como vehículo oficial". Tal e como acordaron os rexedores durante a reunión, Vigo e Valladolid van manter relacións fluídas para facer proxectos xuntos, planificar colaboracións e intercambiar experiencias. Ademáis, tal e como afirmou Óscar Puente, -que está en Galicia de vacacións- tamén chega a Vigo para "aprender dun maestro de alcaldes", dixo, en referencia a Caballero.
En resposta a preguntas, o rexedor de Valladolid reiterou a súa opinión de que o alcalde de Vigo reúne todos os requisitos precisos para ser nomeado presidente da FEMP xa que ten experiencia municipal e neste organismo de municipios, ademáis de ter unha posición moi sólida no seu Concello, argumentou.
Descargar todas as imaxes