venres, 7 agosto 2015

O goberno de Vigo eleva a 82.000 euros a súa achega a O Marisquiño 2015

venres, 7 ago 2015

Tal e como explicou este venres Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local validou un convenio polo que achega 42.000 euros para a celebración no Marisquiño deste ano do Campionato de Mountain Bike Dirt Jump Puntuable para a Copa do Mundo FMB World Tour 2015". Deste xeito, a colaboración total do Concello con este evento de cultura urbana se eleva aos 82.000 euros.

Fin de semana intenso na Festas de Veran

venres, 7 ago 2015

As Festas de Vigo ofrecen esta fin de semana múltiples actividades coa celebración do concerto de Julieta Venegas, o Marisquiño, a Noite Branca, ou a festa do Polbo.

Establecemento de sentido única en varias rúas do centro da cidade

venres, 7 ago 2015

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor do remate da obra de humanización nas rúas Ronda Don Bosco e María Berdiales, establécese sentido único nas rúas e treitos seguintes: PROGRESO, entre Ronda Don Bosco e Velázquez Moreno, cara a Velázquez Moreno. RONDA DON BOSCO, ente Joaquín Lóriga e Gil, cara a Gil. GIL, entre Ronda Don Bosco e Magallanes, cara a Magallanes, dende o 07/08/2015 ás 10:00 horas.