Escoitar

O goberno de Vigo cede un local á Asociación de Persoas Afectadas por Patoloxías Neuromusculares

O alcalde visitou este xoves a nova sede de ASEM en Martínez Garrido, espazo de case 100 metros cadrados cedido de balde polo Concello para os próximos 20 anos no que a Asociación ten espazo para as súas oficiñas e sala de fisioterapia. Caballero avanzou que o goberno local colaborará coa entidade no congreso estatal que se celebrará na cidade en outono.

xoves, 6 ago 2015
1438863185asem.JPG
Abel Caballero explicou que o local que tiñan anteriormente, situado no entorno de Fátima, era "insuficiente" para as súas necesidades, polo que o Concello lles cedeu case 100 metros cadrados no entorno de Rivera Atienza. O alcalde garantiu ademais a colaboración do goberno municipal no congreso estatal que terá lugar en Vigo este outono. O rexedor valorou o asesoramento e apoio que ofrece ASEM ao Concello en materia de accesibilidade, particularmente nas humanizacións.
Descargar todas as imaxes