Escoitar

O Concello subvenciona a contratación de 155 persoas en 50 entidades sen ánimo de lucro

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación das axudas de emprego para 50 entidades sen ánimo de lucro. Cun orzamento de 795.000 euros, o Concello subvencionará a contratación de 155 traballadores.

mércores, 5 ago 2015
O goberno local deu luz verde á adxudicación das axudas ao empleo para entidades sen ánimo de lucro. Nesta convocatoria, tal e como explicou o rexedor en declaracións aos medios, foron 50 as asociacións que se repartirán un montante de 795.000 euros, que lles permitirá contratar ou manter no posto de traballo a 155 empregados.

Oito entidades veciñais e culturais recibirán 150.000 euros para contratar a 15 persoas; 30 asociacións sociais e asistenciais poderán contratar a 57 persoas cun 200.000 euros; unha asociación sindical recibirá 100.000 euros e dará traballo a 5 persoas; dez asociacións empresariais contarán con 47 postos de traballo subvencioanados e un orzamento de 200.000 euros. Finalmente, unha comunidade de montes recibirá 145.000 euros o que lles permitirá manter 31 posto de traballo.