Escoitar

Case un millar de nenos de Vigo e Ourense comparten unha xornada na praia de O Vao

A praia do Vao acolleu este mércores unha xornada de convivencia de case un millar de rapaces e rapazas de 8 a 12 anos que participan en campamentos urbanos de verán en Ourense e en Vigo, neste caso no das Travesas. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, achegóuse esta mañá ao areal vigués.

mércores, 5 ago 2015
1438779085campamentos.JPG
O alcalde, Abel Caballero, asistíu hoxe mércores a unha xornada de convivencia entre 400 nenos e nenas dun campamento urbano de verán das Travesas e outro medio millar que proceden de Ourense, case mil rapaces de entre 8 e 12 anos de idade que se deron cita na praia do Vao onde fixeron numerosas actividades.

O goberno de Vigo desenvolve este verán case 20.000 campamentos urbanos e actividades deportivas e organiza ademais, nos que o Concello subvenciona de media o 40% do custo de cada praza. Os obxectivos municipais da programación pasan por ofertar un tempo de ocio educativo na propia cidade, favorecer o emprego e a participación xuvenil, facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, e potenciar a inmersión lingüística en inglés, xa que algunhas actividades teñen lugar neste idioma

As iniciativas propostas polo goberno que preside Abel Caballero teñen lugar en numerosos puntos da cidade e abranguen opcións náuticas, deportivas, obradoiros, saídas ao exterior e xogos, entre moitas outras. Os espazos elexidos son moi variados desde Vigozoo, pavillóns deportivos, praias, centros municipais de distrito, colexios, o Liceo Marítimo de Bouzas, o Verbum ou a Casa da Xuventude. Dentro destas actividades, detallou, organizáronse saídas á arenais, ao Museo do Mar, illa de San Simón, Cíes, Cangas e varios parques da cidade.
Descargar todas as imaxes