Caballero convida á cidadanía a seguir "o espectáculo de resistencia" atlética das 24 horas de Vigo en Castrelos
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e membros do Club Castrelos 20:30, organizador da proba popular, presentaron a II 24 VGO, a segunda edición das 24 horas de Vigo, unha proba pionera en Galicia que se celebrará dende as 12 horas do sábado 29 de agosto ao mediodía do domingo 30 no parque de Castrelos.
"O evento paga a pena, é individual e por equipos e está organizado por un club ben enraizado no atletismo e na cidade", explicou o rexedor, que invitou "á cidade a que vaia a presenciar este espectáculo de resistencia na pista de Castrelos, renovada e reblandecida para poder utilizala".
A competición está aberta para 40 prazas individuais -falta unha soa por cubrir- e para 60 equipos masculinos, femininos ou mixtos formados por un mínimo de seis atletas e un máximo de doce. A día de hoxe (o prazo está aberto ata o 15) son 48 os equipos inscritos. "Significa que en cada momento haberá un cento de persoas correndo", lembrou Caballero.
O circuíto deseñado será de 1 quilómetro. "É unha gran proba que xa forma parte da cultura da cidade. A do ano pasado foi unha experiencia moi boa que resultou excepcionalmente ben", explicou o alcalde. O éxito está asegurado: ás oito horas da apertura do prazo de inscrición as 30 prazas para corredores individuais estaban cubertas e a organización tivo que elevalas a 40, quedando a día de hoxe unha soa vacante.
Dende a organización, Bernardino Mata explicou que tralos "nervios" do ano pasado "queremos que esta edición sexa a da consolidación".
A carreira tamén ten unha vertente social co apoio do Castrelos 20:30 ao proxecto DisCamino 2015, para persoas con discapacidade. "Non nos conformamos coa volta de recoñecemento que deron o ano pasado. Van participar, con bicicletas especiais adaptadas... e vai haber que gañarlles", indicouse.
Descargar todas as imaxes