Escoitar

Todos os museos da cidade participan este venres na terceira edición da Noite Branca

O alcalde de Vigo presentou esta mañá na Pinacoteca a Noite Branca, "unha actividade cultural da maior importancia" que este ano cumpre a súa terceira edición. Entre as 19,00 e as 02,00 horas, haberá visitas guiadas, exposicións e concertos simultáneos nos distintos recintos culturais da cidade.

xoves, 6 ago 2015
1438863114noitebranca.JPG
O Concello promove por tercer ano consecutivo o programa cultural "A NOITE BRANCA", que se desenvolverá o venres 7 de agosto. Esta iniciativa pretende salientar o patrimonio e actividades dos centros que forman parte da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo (Pazo-Museo "Quiñones de León", Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego", Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, Fundación Laxeiro, MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo, Museo Liste-Etnográfico de Vigo e CAT-Centro de Artesanía Tradicional) dende unha perspectiva máis novidosa, nun horario amplo e singular, procurando maiores atractivos para a cidadanía viguesa e para as persoas que visitan a cidade nestas datas.

Ao igual que no ano anterior, súmanse os xacementos arqueolóxicos do Castro e o Centro de Interpretación do Mundo Romano (Toralla), dependentes da concellería de Patrimonio Histórico; e nesta ocasión tomarán parte nesta iniciativa "Sede Afundación Vigo" e o Museo do Mar de Galicia.

A oferta, aberta a todo tipo de público, realízase seguindo criterios de gratuidade, participación da cidadanía, sustentabilidade e novidade.

O programa supón a ampliación do horario normal de funcionamento dos centros citados ata as 02,00 h (madrugada do sábado), ademais, inclúe unha serie de actividades paralelas como visitas guiadas -cunha duración de entre (45-50 minutos), concertos musicais tanto nas rúas próximas como nos propios centros, exposicións...
Descargar todas as imaxes

Máis información