Escoitar

O goberno local achega 90.000 euros ao comercio para a contratación de 13 profesionais

Abel Caballero asinou este venres sendos convenios do Plan de Emprego do Concello en favor das asociacións de comerciantes Centro Príncipe e Zona Centro, un total de 90.000 euros cos que o goberno de Vigo apoia a contratación de 13 profesionais.

venres, 7 ago 2015
1438952026comerciantes.JPG
Os obxectivos destes acordos pasan por desenvolver proxectos de mellora na prestación dos servizos e dotar aos comerciantes de novas ferramentas de comunicación, promoción e innovación que melloren a súa capacidade e competitividade.

O alcalde de Vigo detallou que o convenio rubricado esta mañá coa asociación de comerciantes Centro Príncipe significa 40.000 euros de achega municipal para respaldar a contratación de seis traballadores, mentres que o acordo con Zona Centro ascende a 50.000 euros para empregar a sete profesionais. Ambos acordos forman parte do Plan de Emprego municipal.

DOA e Rede de Mulleres
Ademais, esta mesma mañá Abel Caballero asinou outros dous convenios de carácter social, para apoiar a actividade de DOA (a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental) e da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos. Segundo estes acordos, o Concello achega a DOA 7.300 euros e 15.000 euros á Rede para levar adiante as súas actividades.
1438952026comerciantes.JPG
1438952033rede.JPG
Descargar todas as imaxes