O goberno local adica máis de 80.000 euros á mellora das instalacións do CEIP García Barbón
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao CEIP García Barbón onde se está a ampliar o comedor e a construír na pranta baixa uns baños e un vestiario. O alcalde incluíu esta obra nos traballos de posta a punto que está a realizar o Concello en 28 centros públicos da cidade.
O goberno local ten unha partida de 600.000 euros para a atención do mantemento dos colexios da cidade, dos que 300.000 euros son xestionados directamente polos centros educativos. Segundo explicou esta mañá o rexedor, o resto deste montante, ten por obxectivo financiar obras de reparación e mellora que o Concello executar normalmente durante os períodos de descanso escolar.
Ese é o caso das obras que de ampliación do comedor e da construcción de baños e vestiarios que o Concello está a acometer no García Barbón. Durante a visita aos traballos, Caballero explicou que esta remodelación é unha reivindicación da comunidade educativa para poder atender un servizo moi demandado no centro, con 220 comensais diarios que tiñan que comer en tres turnos.
O rexedor lembrou que esta é unha competencia da Xunta de Galicia que asume o goberno local dada a inacción da administración autonómica. Neste punto engadiu que o Concello está a acometer obras nos seguintes centros: Canicouva, Balaídos, Illas Cíes, Josefa Alonso, Vicente Risco, Ría de Vigo, Santa Tegra, Altamar, Sárdoma, Javier Sensat, San Salvador , Sobreira, Carrasqueira, Padre don Camilo, Sello, Escultor Acuña, Eduardo Pondal, Pintor Laxeiro, Valadares-Igrexa, Santa Mariña, Lope de Vega, Candeán Igrexa, Valle Inclán, Pombal, Monte Alba, Seis do Nadal e A Paz.
Descargar todas as imaxes