xoves, 7 mai 2015
O alcalde participou este xoves na presentación do I Concurso de Pinchos Zona Teis, que terá lugar as catro fins de semana do mes de maio, de venres a domingo, en 19 establecementos do populoso barrio vigués. Abel Caballero trasladou o apoio do goberno de Vigo á Asociación de Comerciantes de Teis, organizadora do certame, e avogou pola dinamización comercial da zona.
mércores, 6 mai 2015
O alcalde, Abel Caballero, participou este mércores na presentación da II Feira de Abril en Zona Náutico-Montero Ríos, organizado pola Asociación de Comerciantes do entorno coa colaboración do Concello. Do 8 ao 10 de maio, casetas, obradoiros infantís, xogos populares e bailes inundarán o entorno do Náutico e Montero Ríos, comezando o venres ás 21 horas co acendido dun alumeado con máis de 80.000 lámpadas.
xoves, 30 abr 2015
Xunto a xerentes de mercados vigueses e en conexión online con Londres con Manuel Estrada, presidente da Unión Mundial de Mercados Maioristas, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este xoves unha iniciativa na que participan máis de 2.000 mercados de 16 países, desde China ata Estados Unidos ou Dinamarca. As prazas de abastos da cidade acollerán visitas guiadas e obradoiros para escolares, degustacións e exhibicións de cociña, entre outras accións.
mércores, 29 abr 2015
Coa participación de Vigo, "Ama o teu mercado" é unha proposta internacional que abrangue un total de 2.000 recintos de 16 países do mundo e se desenvolverá do 14 ao 30 de maio, segundo informou este mércores o alcalde de Vigo. "Queremos que os mercados sexan reforzados na forma máis eficaz nesta campaña internacional", apuntou Caballero.
venres, 6 mar 2015
A Praza do Berbés acollerá o 13, 14 e 15 de marzo o Marisvigo, unha festa gastronómica para degustar produtos do mar que, segundo o rexedor, se convirte na antesala da Reconquista. O programa inclúe cursos de cociña e animación musical.
mércores, 11 feb 2015
Representantes de todas as asociacións de comercio da cidade coincidiron esta mañá ao felicitar ao Concello pola campaña de Nadal. Durante a celebración da Mesa do Comercio Local, o alcalde avanzou que, seguindo ese exemplo, o goberno local darálle un novo impulso ao Entroido e á Renconquista para seguir a fomentar a reactivación económica da cidade.
mércores, 4 feb 2015
Promovida polo banco SabadellGallego coa colaboración do goberno de Vigo, a iniciativa tiña como obxectivo impulsar o comercio de proximidade e contou coa adhesión de 600 establecementos e a participación de 55.000 persoas. Responsables da entidade e o alcalde, Abel Caballero, participaron na entrega de tres cheques de mil euros a outros tantos comercios, gañadores dun sorteo entre os establecementos titulares de TPV.
luns, 12 xan 2015
Promovida polo banco SabadellGallego coa colaboración do goberno de Vigo, a iniciativa tiña como obxectivo impulsar o comercio de proximidade e contou coa adhesión de 600 establecementos e a participación de 55.000 persoas. Responsables da entidade e o alcalde, Abel Caballero, participaron na entrega de 3.000 euros á gañadora do sorteo, para gastalos no comercio local.
mércores, 19 nov 2014
O alcalde deu conta da ampliación de 800 arcos e motivos na iluminación de Nadal deste ano, polo que pasan de 1.100 a 1.900 unidades. Tal e como avanzou o rexedor o encendido oficial será o venres 28 de novembro.
venres, 14 nov 2014
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres adxudicou definitivamente o contrato de promoción turística de Vigo á compañía, segundo expuxo o alcalde, ao presentar a mellor oferta, cunha baixa de case 600.000 euros sobre o prezo de licitación e o compromiso de abrir oito rutas: Gran Canaria, Sevilla, Málaga e Londres no 2015, aos que se sumarán Alicante, Menorca, Bruxelas e Roma en 2016. No 2017 manteranse os oito destinos, segundo o contrato.