Escoitar

600 comercios e 55.000 persoas sumáronse á campaña "Cremos en Vigo", coa colaboración do Concello

Promovida polo banco SabadellGallego coa colaboración do goberno de Vigo, a iniciativa tiña como obxectivo impulsar o comercio de proximidade e contou coa adhesión de 600 establecementos e a participación de 55.000 persoas. Responsables da entidade e o alcalde, Abel Caballero, participaron na entrega de 3.000 euros á gañadora do sorteo, para gastalos no comercio local.

luns, 12 xan 2015
1421080189marco.JPG
A campaña "Cremos en Vigo" é unha proposta do SabadellGallego que contou coa colaboración do Concello, creada para promocionar a imaxe da cidade e animar á cidadanía a facer as súas compras no comercio local.

Abel Caballero amosou a súa "satisfacción" pola campaña e o apoio da entidade bancaria ao "pequeno e mediano comercio de Vigo", un "dos pulsos notables da cidade, un dos factores fundamentais para a creación de emprego" e para a "vertebración" da urbe.

Este luns, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, tivo lugar a entrega dun cheque de 3.000 euros a Concepción Cameselle, gañadora do sorteo impulsado polo banco, para gastalos nos establecementos comerciais da cidade. O acto contou coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director rexional do SabadellGallego, Juan Moríñigo, e o director de zona, Ricardo Rodríguez Moreiras.

Segundo explicaron, un total de 600 establecementos da cidade adheríronse á iniciativa "Cremos en Vigo" de apoio ao comercio local, que contou coa participación de 55.000 persoas e na que o banco distribuiu case 25.000 bolsas ecolóxicas cun deseño exclusivo de Javier Mariscal.
Descargar todas as imaxes