Escoitar

O Concello implanta 8 paneis na cidade con información da situación do tráfico en tempo real

Os conductores poden obter información da fluidez do tráfico en tempo real a través de 8 paneis colocados en zonas estratéxicas da cidade. Este "revolucionario" sistema ten sensores de bluetooth que detectan as velocidades dos vehículos de xeito que os conductores poden elexir a mellor alternativa para chegar ao seu destino.

venres, 9 xan 2015
1420809314P1105571.JPG
O alcalde achegouse esta mañá a Jenaro de la Fuente para visitar un dos oito paneis electrónicos que facilitan información sobre a situación do tráfico doutras tantas zonas en tempo real o que permitirá aos conductores optar polo percorrido máis áxil. Durante a súa intervención cos medios, o rexedor explicou que se trata dun "revolucionario" sistema con sensores -situados na maior parte dos percorridos- que detectan o bluetooth dos vehículos controlando, deste xeito, as velocidades e a fluidez do tráfico. Os paneis están situados nas seguintes zonas estratéxicas: rotonda da rúa Coruña e Jacinto Benavente; acceso á rotonda do Areal desde a estación de ferrocarril de Guixar; na rotonda de acceso ao túnel de Beiramar desde Sanjurjo Badía; Castrelos cara a Antonio Palacios, en confluencia con Balaídos; na Travesía de Vigo chegando á confluencia con Vía Norte; na rúa Coruña accedendo á Praza de Eugenio Fadrique desde Orillamar; na Avenida de Madrid -confluencia coa estrada Vella de Madrid; e na rotonda da rúa Aragón con Jenaro de la Fuente. Un sistema de cores irá variando segundo o faga a situación do tráfico para facilitar a lectura dos usuarios. Nuns meses, engadiu o rexedor, completarase este proxecto cunha app que se poderá descargar nos teléfonos móbiles que facilitará esta mesma información. Caballero explicou que esta iniciativa súmase ao avance que supuxeron os paneis para controlar a velocidade coa que se entra nos túneis.

Centros educativos
Outra das medidas para mellorar o tráfico das que hoxe falou o rexedor é un plan piloto para mellorar a mobilidade nas entradas e saídas nos centros educativos. Tal e como explicou, o plan, que arrancará con dez centros -aínda que poderá sumarse algún máis se así o solicita- implicará unha prohibición de aparcar nestes tramos neses horarios nalgunhas zonas, mentres que noutras faránse rotacións de vehículos. A intención do goberno local é que o proxecto piloto comece este mesmo curso polo que se inciarán en breve reunións coas direccións dos centros e as Anpas.


Descargar todas as imaxes