venres, 9 xan 2015
A partir da próxima semana as comunidades de veciños interesadas en mellorar artísticamente unha medianeira do seu edificio deberán poñerse en contacto co Concello para participar no plan para mellorar paramentos exteriores que ven de aprobar o goberno local. Concretamente, deuse luz verde a un investimento de 230.000 euros que servirán para embelecer unha veintena de medianeiras nesta primeira fase, tal e como explicou o rexedor.
venres, 9 xan 2015
O Concello sumouse á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias, gardando 3 minutos de silencio nun acto no que a corporación municipal, acompañada de traballadores do concello e cidadáns, amosou a súa repulsa polos actos terroristas contra os profesionais do semanario Chralie Hebdo. Ao término, o rexedor reiterou o compromiso do goberno local e de toda a cidade de Vigo coa liberdade de expresión como dereito fundamental.<br />
venres, 9 xan 2015
O Concello estudará distintas solucións para falicitar as categiorias inferiores do Club Gran Peña as intalacions axeitadas para continuar coa sua actividade, que incluirá o inicio do proxecto para a instalación de herba sintetica no campo de fútbol do Carballal.
venres, 9 xan 2015
Dentro da liña seguida polo goberno local nestes últimos anos, e co fin de potenciar a práctica do atletismo, o alcalde mantivo esta mañá unha reunión co comité organizador da Media Maratón de Vigo de cara a preparación da edición de 2015. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, os responsables desta proba encargaránse tamén de organizar as carreiras de San Xoán e a do próximo Nadal.