O alcalde salienta a repulsa de todo Vigo aos actos terroristas de París.
O Concello sumouse á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias, gardando 3 minutos de silencio nun acto no que a corporación municipal, acompañada de traballadores do concello e cidadáns, amosou a súa repulsa polos actos terroristas contra os profesionais do semanario Chralie Hebdo. Ao término, o rexedor reiterou o compromiso do goberno local e de toda a cidade de Vigo coa liberdade de expresión como dereito fundamental.<br />