Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 8 xan 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 9 DE XANEIRO DE 2015.

BENESTAR SOCIAL
1.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo Servizo de Benestar Social durante os meses de setembro-decembro de 2014. Expte. 103023/301.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
2.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo Servizo de Normalización Lingüística durante o mes de decembro de 2014. Expte 1901/334.

PATRIMONIO HISTÓRICO
3.- Proposta de adscrición do Centro de Arte Fotográfica ao Area de Cultura. Expte. 7556/307.

4.- Proposta de aprobación do primeiro Programa para arrumbe de medianeiras e outros elementos verticais con incidencia sobre a vía pública. Expte. 7491/307.

POLICÍA LOCAL
5.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados polo Servizo da Policía Local durante o cuarto trimestre de 2014. Expte. 42801/212.

RECURSOS HUMANOS
6.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios de Gran Gala prestados pola Policía Local con motivo do "Día da Constitución". Expte. 26052/220.

7.- Domingos, festivos e noturnidade do persoal municipal correspondente ao mes de novembro 2014. Expte. 26037/220.

8.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal da brigada de pavimentación do servizo de Vías e Obras correspondente ao mes de novembro 2014. Expte. 26002/220.

9.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal da brigada de pavimentación do servizo do Parque Móbil correspondente ao mes de novembro 2014. Expte. 26000/220.

10.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección correspondente ao mes de novembro 2014. Expte. 25998/220.

11.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de novembro 2014. Expte. 25995/220.

12.- Complemento de produtividade por xornada partida do persoal do servizo de Cemiterios correspondentes ao mes de novembro 2014. Expte. 25996/220.

13.- Gastos de locomoción do período: maio 2013- novembro 2014. Expte. 26041/220.

TRANSPORTES
14.- Proposta de aprobación do anteproxecto de explotación e anteproxecto de reforma e acondicionamento do aparcadoiro da Praza de Portugal. Expte. 429/449.

15.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 9 de xaneiro de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 9 de xaneiro de 2015.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,

Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.