Programación da Biblioteca Municipal Neira Vilas para primeiro trimestre de 2015
A Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas" (r/ Martínez Garrido, 21) presenta a súa programación para o primeiro trimestre de 2015, que inclúe unha serie de actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan as xa habituais como "As tardes do Roque", "A hora dos contos", "Contos Dakí" ou "Entre arrolos e contiños", ademais do clube de lectura.
Compleméntase coas actividades mensuais como "Cine na Bilbioteca" (proxección de "O Apóstolo"), en xaneiro; actividade de fomento da lectura "Achegando culturas", en febreiro; ou o "Día Internacional da Poesía" (21 de marzo), do 2 ao 31 de marzo.
Por último, teremos as mostras bibliográficas: "Silencio...Rodamos!", "Sorpresa! Un libro" e "Historias dunha vida"
Descargar todas as imaxes
Por último, teremos as mostras bibliográficas: "Silencio...Rodamos!", "Sorpresa! Un libro" e "Historias dunha vida"