Caballero invita a todo Vigo a gozar da "maxia" da Cabalgata de Reis extremando a seguridade <br />
As 1.200 persoas que formarán parte da comitiva dos Reis Magos xa están preparadas para iniciar o desfile ás 18,00 h desde o nó de Isaac Peral. Antes, ás 17,00 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán a chave "máxica" da cidade de mans do alcalde na Porta do Sol.
A Cabalgata dos Reis Magos arrancará esta tarde ás 18,00 horas do nó de Isaac Peral e a comitiiva estará encabezada polas tres carrozas de SSMM máis a do carteiro real. Previamente, o alcalde faralles entrega da chave "máxica" da cidade para que poidan entrar en todas as casas a deixar os agasallos. Así llo transmitiu esta mañá o propio rexedor aos Reis de Oriente no Auditorio Municipal onde mantiveron un encontro cos nenos e nenas da cidade que quixeron darlles a benvida a Vigo.
A continuación, o rexedor reiterou en declaracións aos medios a importancia de velar pola seguridade durante o desfile, lembrando que todo o percorrido estará valado, con 350 voluntarios marcando os límites e outros 6 reforzando a seguridade en cada carroza. Tal e como precisou Caballero, en total serán 1.200 persoas na comitiva, das que 106 serán axentes da Policía Local, ao tratarse, a Cabalgata, do evento que máis efectivos concita. Entre as carrozas desfilarán máis dunha ducia de grupos de animación e repartiránse 4 toneladas de caramelos sen glutem.
Estarán operativos dous postos para posibles nenos perdidos -un na Igrexa de Santiago de Vigo e outro na Porta do Sol-, ademais dunha ambulancia e unha rampa para persoas con mobilidade reducida no crudce de Alfonso XIII con García Barbón.
Descargar todas as imaxes