O goberno local arranca o ano 2015 aprobando dous millóns e medio para axudas sociais
As primeiras decisións do goberno local neste 2015 pasan por aprobar un investimento de 2,5 millóns de euros para política social. Concretamente, detallou o rexedor, deuse luz verde ao dous millóns de euros para o Programa Municipal de achegas extraordinarias a familias e a preto de medio millón de euros para axudas de emerxencia.
O goberno local aprobou as bases e a convocatoria do Programa Municipal de achegas extraordinarias a familias para gastos de vivenda, subministros e alimentación. O plan está dotado con 2 millóns de euros, igual que o pasado exercicio cando se entregaron 1.007 axudas para aluguer e hipotecas, 884 achegas para enerxía e 755 tarxetas de alimentación. Xunto con este programa, a Xunta de Goberno Local tamén aprobou o pasado 30 de decembro case medio millón de euros para axudas de emerxencia. Deste xeito, subliñou o rexedor en rolda de prensa, as primeiras decisións do goberno local este 2015 están vencelladas ás políticas de benestar, entre as que tamén destacou 700.000 euros para o albergue ou 1,2 millóns de euros para o finanzamento de CEDRO.
Na mesma Xunta de Goberno, apuntou, tamén se deu luz verde ás adxudicacións das obras de humanización das seguintes rúas: María Berdiales; Juan Ramón Jiménez -a obra do ascensor-; Pazos Entronque, Aragón (fase 3), obras de acondicionamento do Mercado de O Progreso e avenida Hispanidad, unha obra, explicou, que se retrasou por problemas alleos á vontade do Concello e que se acometerá de xeito inmediato, ao tempo que se disculpou cos veciños polas molestias ocasionadas pola paralización destes traballos. O alcalde rematou destacando os miles de empregos que xerarán estes máis de dous millóns de euros en humanizacións que ven de aprobar o goberno local.
Descargar todas as imaxes