luns, 29 decembro 2014

O Concello cooperará coa conmemoración do centenario do nacemento de Álvarez Blázquez

luns, 29 dec 2014

O alcalde avanzou que o Concello colaborará coa Fundación Penzol nos actos de conmemoración do centenario do nacemento de Xosé María Álvarez Blázquez. Así o acordou o rexedor esta mañá durante un encontro co presidente da entidade, Alfonso Zulueta de Haz, no que acordaron lembrar en febreiro o nacemento dun escritor ao que xa se adicou o Día das Letras Galegas en 2008.