O goberno local inaugura as dúas primeiras fases da humanización de Camelias e inicia en xaneiro a terceira
O alcalde inaugurou este venres a reforma realizada na Avenida das Camelias, as dúas primeiras fases da reforma do vial, entre a Praza de Indendencia e Doctor Marañón, cun investimento de case 2,5 millóns. Ademais, o goberno de Vigo aprobou hoxe o proxecto de humanización da terceira fase (entre as prazas de América e da Independencia) que arrancará o 7 de xaneiro.
O goberno de Vigo vén de concluir a humanización das dúas primeiras fases da Avenida de Camelias, no treito que discorre entre a Praza da Independencia e Doctor Marañón, cun investimento total de 2,5 millóns de euros.
Segundo explicou Caballero, a actuación realizada supera os 8.000 metros cadrados de superficie, dos que case a metade son para beirarrúas. Tamén instalóuse 1,5 quilómetros de novas canalizacións de servizos, que estaban en mal estado, tanto de abastecemento como de saneamento e pluviais. A humanización desta parte inclúe xardinerias, novos puntos de luz LED, papeleiras e bancos. O alcalde recordou que o estado das canalizacións soterradas era "unha calamidade" que conlevaba frecuentes roturas e molestias habituais para a veciñanza da zona.
Por outra banda, o alcalde informou da aprobación este venres, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, do proxecto de humanización da terceira fase da citada Avenida, que corresponderá ao tramo que conecta as prazas de América e da Independencia e comezará o 7 de xaneiro. Esta obra conta cun orzamento superior aos 1,8 millóns de euros e un prazo de execución estimado en 6 meses, e manterá as mesmas características da reforma inaugurada hoxe.
Durante as súas declaracións aos medios de comunicación, Abel Caballero avanzou que a cuarta fase da humanización partirá de Doctor Marañón para concluir na Praza do Bicentenario, fronte á Praza do Rei, e arrancará no mes de xuño de 2015.
Xunta de Goberno Local
Abel Caballero informou asemade das aprobacións da humanización da rúa Alonso Ojeda -cun prazo de execución de 2 meses- e a segunda fase da reforma do casco urbano, que engloba actuacións en Espedrigada, Extremadura, Numancia e Toxal, rúas nas que o goberno de Vigo investirá case 800.000 euros.
Descargar todas as imaxes