O programa municipal solidario "Unha bici, un sorriso" apunta este ano ás mil bicis donadas
O alcalde de Vigo animou á cidadanía a participar nunha campaña que recolle e arranxa bicicletas en desuso para entregalas en bo estado ás familias con menos recursos. O obxectivo para este Nadal é chegar ao milleiro de bicis, para o que o Concello e A Golpe de Pedal, organizadores do programa, contan coa difusión da Fundación Celta de Vigo e El Corte Inglés, ademais da participación de dez tendas da cidade.
Abel Caballero presentou este venres o programa municipal solidario "Unha bici, un sorriso", unha campaña que neste Nadal sitúa como reto chegar ás mil bicis donadas e repartidas entre as familias con menos recursos. O alcalde eloxiou o carácter "solidario" tanto desta iniciativa como da cidade de Vigo.
O Concello de Vigo e A Golpe de Pedal impulsan esta proposta (co apoio na difusión da Fundación Real Club Celta de Vigo e de El Corte Inglés) na que participan dez tendas e talleres da cidade, encargadas de recoller e arranxar as bicicletas. Estes establecementos son ANCA, BICITOTAL, BICIOCON, CROMOLY, GALICIA EN BICI, GONZALO AGUIAR, NBIKE, NORBIKE, TREK e XTREMBIKE.
Segundo explicou Caballero, aquelas persoas que teñan unha bici que non usen poden entregala nas tendas colaboradoras e, despois do seu arranxo de balde por parte destas, A Golpe de Pedal as recolle cun vehículo municipal e as deposita no parque central do Concello. O goberno local repartirá as bicis entre as asociacións que traballan con familias en situación de inclusión social e do programa "Infancia en familia", a través dos traballadores sociais que farán un estudo previo das necesidades.
O de Nadal é un reparto especial dentro da iniciativa "Unha bici, un sorriso", que permanece activa ao longo de todo o ano. De feito, tal e como indicou o responsable de A Golpe de Pedal, José Manuel Suárez, a previsión é facer outro gran reparto de bicicletas para finais do curso escolar. Aqueles interesados en coñecer e/ou participar nesta campaña poden informarse na web do Concello ou no teléfono gratuito 010.
Descargar todas as imaxes